Aquelar

Dise do galego que se o ves nunha escaleira non sabes se sube ou baixa. Iso é exacto pero non signfica o que a xente cre. A xente cre que pola escaleira ou ben subes ou ben baixas e que non hai máis outra. Claro que hai outra. O galego sube e baixa na mesma, ao tempo, non é tan difícil de entender. 

Home con paraugas. Pintura al agua por Alex Martín.

En Galicia hai palabras que significan unha cousa, a contraria e a contraria da contraria todas á vez. Qué cousa é ‘carallo’. Carallo é todo e tamén é o contrario. Tamén hai palabras para que non saibas o que non hai por qué saber. Contoume unha muller que ao seu fillo o patrón o chamou para que asinara nun papel e que o fillo de primeiras dixo que non, logo dixo que si e ao final ‘aquelou’. Aquelou? quixen saber. Aquelou. En Galicia escóitase ao paisano dicir ¡me cagho en ninghún Dios! e iso é cagarse en Dios e non cagarse en Dios ao mesmo tempo, e así Dios e máis o interlocutor poden escoller o que prefiran. Unha marabilla do pensamento e da expresión. As cousas non son si e tampouco son non. Son cousas. Preguntoulle unha xuíza ao galego se prestaba xuramento ou promesa de dicir verdade ao que se lle ía preguntar. O galego dixo: claro! Cómo que claro? A xuíza viña de Salamanca e non entendía. ‘Dígame sí, no, juro o prometo’. Non conseguiu ningunha desas respostas e non o conseguiría nun millón de veces que llo preguntara. ‘Jura o promete decir verdad a lo que se le pregunte?’ O galego fixo  o xesto de rascar cos dedos na cabeza en busca dunha solución: ‘normalmente’, foi a última resposta. 

Estándar